Linguareteando se estrena con un concurso de monólogos 15/10/2016
Linguareteando, es una propuesta de la Concellería de Educación del Concello de Barbadás, que pretende normalizar el uso del gallego, lengua que nosotros mismos ponemos en uso cada vez más y en la que continuaremos escribiendo esta noticia. 😀
Pois ben, como estabamos a dicir, Linguareteando é unha proposta da Concellería de Educación do Concello de Barbadás, para poñer en valor e fomentar o uso da lingua galega.
Linguareteando inicia a súa traxectoria co “I Concurso de Monólogos” en galego, que terá o seu colofón coa gala final do próximo 10 de decembro con actuacións en directo, na Casa da Cultura situada na Valenzá, dos monologuistas clasificados .
Ata ese momento, os vídeos dos participantes, que pasarán diferentes fases de selección, poderanse visualizar na páxina web linguareteando.barbadas.gal, creada como plataforma de votacións desde onde podedes apoiar ao voso/a monologuista favorito.