Noticias

Linguareteando se estrena con un concurso de monólogos

15/10/2016

captura-web-linguareteandoLinguareteando, es una propuesta de la Concellería de Educación del Concello de Barbadás, que pretende normalizar el uso del gallego, lengua que nosotros mismos ponemos en uso cada vez más y en la que continuaremos escribiendo esta noticia. 😀

Pois ben, como estabamos a dicir, Linguareteando é unha proposta da Concellería de Educación do Concello de Barbadás, para poñer en valor e fomentar o uso da lingua galega.
Linguareteando inicia a súa traxectoria co “I Concurso de Monólogos” en galego, que terá o seu colofón coa gala final do próximo 10 de decembro con actuacións en directo, na Casa da Cultura situada na Valenzá, dos monologuistas clasificados .
Ata ese momento, os vídeos dos participantes, que pasarán diferentes fases de selección, poderanse visualizar na páxina web linguareteando.barbadas.gal, creada como plataforma de votacións desde onde podedes apoiar ao voso/a monologuista favorito.

Síguenos en...