Noticias

Linguareteando, o concurso de monólogos de Barbadás, vai pola segunda edición

25/10/2017

Linguareteando, BarbadásA Concellaría de Mocidade e a Concellaría de Cultura a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Barbadás convoca, pare este ano 2017, a segunda edición do concurso de monólogos LINGUAreteando.

O obxectivo desta iniciativa é promocionar as iniciativas culturais promovendo o uso da lingua galega, ofrecéndolles, aos participantes no concurso, a oportunidade de amosar as súas dotes interpretativas ante o público, optando a premios de ata 800 euros en metálico.

A primeira gala de actuacións en directo dos monologuistas, será o 27 de outubro na Casa de Cultura Manuel María do Concello de Barbadás.

Máis información na web linguareteando.barbadas.gal

Síguenos en...